Aberto o prazo para solicitar as axudas a persoas deportistas cualificadas en modalidades individuais

As solicitudes están abertas para as persoas empedroadas no Concello de San Cibrao das Viñas
axudas_deportistas_san_cibrao
Axudas a persoas deportistas cualificadas en modalidades deportivas individuais
26 Mar 2024

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP) vén de publicar a resolución para solicitar as axudas a persoas deportistas cualificadas en modalidades deportivas individuais.

Estas axudas terán unha contía de 200 euros por persoa solicitante, e poderán ser persoas beneficiarias dás subvencións obxecto destas bases as persoas físicas que sexan persoas deportistas federadas, de categorías de base ata absoluta, e exclusivamente de modalidades deportivas individuais, de nacionalidade española ou residentes legais en España, que cumpran os requisitos.

As solicitudes están abertas dende hoxe, martes 26 de marzo, para aquelas persoas empadroadas no Concello de San Cibrao das Viñas.

0.13609194755554