Adxudicado o servizo de transporte urbano de Ourense á UTE Sagalés–Gavilanes

OurenseXa
O novo contrato do autobús urbano estará en vigor entre 2026 e 2031 cun importe próximo aos 49 millóns de euros.
Autobuses-urbanos-ourense
12 Jun 2026

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este xoves, nunha sesión extraordinaria e urxente, a adxudicación do servizo de transporte público colectivo urbano á unión temporal de empresas formada por Sagalés S.A. e Empresa Gavilanes S.L.

A decisión adoptouse tras a avaliación das propostas presentadas no proceso de contratación, conforme aos pregos técnicos e administrativos previamente aprobados polo propio órgano de goberno. Segundo o acordo, a oferta seleccionada foi a considerada máis vantaxosa en termos de relación calidade-prezo.

O contrato terá unha duración de cinco anos, comprendidos entre o 1 de xullo de 2026 e o 30 de xuño de 2031, e contará cun orzamento total de 48.917.567,68 euros, IVE incluído.

Así mesmo, o órgano municipal tamén aprobou o axuste das anualidades para adaptar o gasto ao calendario de execución do novo servizo.

0.12260699272156