Aleix Galán, veciño de Taboadela, subcampión de España en trampolín na categoría alevín

GaliciaXa | OurenseXa
O deportista de Taboadela destacou no Campionato de España celebrado en Valladolid cunha brillante actuación nacional
aleix-galan-grande
16 Jun 2026

O trampolín volveu situar o deporte ourensán nun lugar destacado a nivel estatal grazas aos resultados obtidos por Aleix Galán Grande, veciño de Taboadela, no Campionato de España celebrado esta fin de semana en Valladolid.

O deportista asinou unha actuación sobresaliente ao proclamarse subcampión de España na modalidade de trampolín en categoría alevín. Ademais, conseguiu tamén a medalla de bronce en dobre minitramp dentro da categoría elite.

Os resultados consolidan o seu progresión deportiva nunha competición de alto nivel e supoñen un recoñecemento ao traballo, a constancia e a dedicación que vén desenvolvendo nos últimos anos.

Desde o Concello salientan o orgullo que supón para o municipio este éxito, que sitúa de novo a un deportista de Taboadela entre os mellores do panorama nacional nas súas disciplinas.

0.12476801872253