Alfonso Rueda pon en dúbida a moción de censura a Jácome
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, amosouse este luns escéptico coa posible moción de censura exposta polos socialistas ourensáns ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.
“Creo que esto vai moito máis de postureo do PSOE e do BNG que de outra cousa”, sinalou ao ser cuestionado sobre a situación do Concello de Ourense.
Cabe lembrar, que o BNG asegurou a semana pasada que estaría disposto a apoiar a moción se o candidato alternativo fose socialista e sempre e cando o PSOE asegurase o apoio do grupo municipal popular.
Pola súa banda, o PP do Concello de Ourense leva tempo advertindo que non terían “liñas vermellas” para negociar unha alternativa ao gobernó de Jácome sempre e cando exista unha proposta formal e consensuada.
Sen embargo, o líder dos populares en Galicia non vería claro que o candidat a alcaldía fose socialista, cuestionando a condición do BNG. Eso sí, Rueda deixou claro que a decisión final será dos concelleiros.
As palabras do presidente do PPdeG poderían complicar que a moción saíse adiante, xa que sería complicado que os nacionalistas ourensáns apoiasen a un candidato do PP. En todo caso, haberá que esperar a que os grupos da oposición retomen as conversas iniciadas a pasada semana.