Allariz acolle este sábado un torneo de baloncesto 3x3

O prazo para participar no torneo 3x3 que se celebrará en Allariz o vindeiro sábado 11 de xullo entra na súa recta final. As persoas interesadas en participar teñen ata este martes, 30 de xuño, para formalizar a inscrición nesta cita deportiva, que arrancará ás 10.00 horas.
A competición desenvolverase con prazas limitadas por categoría e os equipos deberán estar integrados por un máximo de catro persoas.
O torneo contará con diferentes categorías adaptadas ás idades dos participantes. As categorías Minibasket, Infantil e Cadete disputaranse en formato mixto, mentres que as categorías Junior e Senior estarán diferenciadas en modalidades masculina e feminina.
En canto ás cotas de participación, o prezo será de 40 euros por equipo para as categorías base e de 60 euros por equipo na categoría Senior.
A organización informa tamén de que a competición seguirá a normativa oficial FIBA 3x3 e haberá premios para os dous primeiros equipos clasificados de cada categoría. No caso da categoría Senior, os premios serán en metálico.