Allariz congrega a máis dun cento de mozos piragüistas na cuarta proba da Copa Deputación

OurenseXa
O río Arnoia acolleu a cuarta cita da liga ourensá de piragüismo, con 111 deportistas dos clubs de toda a provincia e vitoria por equipos de Piragüismo Ourense
regata_allariz_2026
24 Aug 2026

O río Arnoia foi escenario este sábado da cuarta proba puntuable da Copa Deputación de Ourense 2026, a liga provincial de piragüismo, nunha xornada disputada ao seu paso por Allariz e seguida por un bo número de afeccionados. A cita reuniu 111 palistas procedentes dos distintos clubs da provincia, entre eles 83 rapaces e 28 rapazas.

A organización correu a cargo do Club Fluvial Allariz e a Federación Galega de Piragüismo, contando ademais co apoio da Deputación de Ourense e o Concello de Allariz. As probas adaptáronse ás diferentes categorías: os máis pequenos, desde prebenxamín ata alevín, remaron sobre 1.000 metros; a categoría infantil afrontou un percorrido de 2.000 metros; e os cadetes completaron a distancia máis longa, de 4.000 metros.

Ao rematar a competición procedeuse á entrega de trofeos, acto no que participaron o concelleiro de Deportes de Allariz, Carlos Puga; o presidente da comisión xestora da Federación Galega de Piragüismo, José Manuel Fernández; e o directivo federativo Santiago Carvajal.

 

Gañadores por categoría

  • Cadete masculino: Martín Feijoo (Piragüismo Ourense)
  • Cadete feminino: Lena González (Fluvial Avión-Castrelo de Miño)
  • Infantil A masculino: Javier Andrés (Fluvial Avión-Castrelo de Miño)
  • Infantil A feminino: Vega Fernández (Piragüismo Ourense)
  • Infantil B masculino: Hugo Aparicio (Piragüismo Ourense)
  • Infantil B feminino: Isabella Rodríguez (Piragüismo Ourense)
  • Benxamín A masculino: Guillermo Dacruz (Fluvial Allariz)
  • Benxamín A feminino: Hannah Carvajal (Piragüismo Ourense)
  • Benxamín B masculino: Mauro Quintas (Fluvial Allariz)
  • Benxamín B feminino: Iria Valero (Fluvial Allariz)
  • Alevín A masculino: Nicolás Carbajal (Piragüismo Ourense)
  • Alevín A feminino: Jara Paz (Piragüismo Ourense)
  • Alevín B masculino: José Manuel Bocigas (S. C.D.X Fontefría, Muíños)
  • Alevín B feminino: Ximena González (Náutico Ribeiro)
  • Prebenxamín masculino: Martín Álvarez (Fluvial Avión-Castrelo de Miño)
  • Prebenxamín feminino: Maia Sophie Carbajal (Piragüismo Ourense)

 

Clasificación xeral por clubs

  • Piragüismo Ourense
  • Náutico Ribeiro
  • Fluvial O Barco
  • Fluvial Avión-Castrelo de Miño
  • Fluvial Allariz
  • S. C.D.X Fontefría (Muíños)
0.14827799797058