Allariz cortará o tráfico en varias rúas este sábado polo Triatlón Vila de Allariz

OurenseXa
A 33ª edición da proba deportiva obrigará a restrinxir a circulación en distintos puntos do concello entre as 17.00 e as 20.00 horas
triatlon_allariz
19 Aug 2026

Allariz celebra este sábado, 23 de agosto, a 33ª edición do Triatlón Vila de Allariz, unha cita deportiva xa consolidada que, como cada ano, obrigará a establecer restricións de tráfico en varios puntos do concello mentres se desenvolve a proba.

Os cortes afectarán á carretera de Celanova, no treito entre Allariz e Campelo, así como á rúa Emilia Pardo Bazán, dende a estación de autobuses ata a Alameda. Tamén se verán afectados o Paseo da Alameda, o Paseo do Arnado, a urbanización Santán e o camiño vello de Roiriz.

As restricións manteranse en vigor entre as 17.00 horas e as 20.00 horas do sábado.

Dende a organización pedíronse desculpas polas molestias que estes cortes poidan ocasionar a veciños e condutores, e agradeceuse a colaboración veciñal para que a proba se desenvolva con normalidade. O evento volverá reunir a participantes de natación, ciclismo e carreira a pé, nunha das citas deportivas máis destacadas do calendario de Allariz.

0.13567614555359