Allariz despedirá o 2024 coa Carreira Popular Solidaria ‘A Derradeira’
OurenseXa
O evento terá lugar o 31 de decembro e está destinado a persoas de todas as idades
18 Dec 2024
O martes, 31 de decembro, Allariz despedirá o ano coa tradicional Carreira Popular Solidaria ‘A Derradeira’, un evento destinado a persoas de todas as idades para poñer fin ao 2024 “facendo deporte e compartindo valores”, sinalan os organizadores.
A proba contará con dúas categorías, unha infantil, que sairá da Praza do Concello ás 16.00 horas, e outra Sénior que sairá ás 16.30 horas do mesmo lugar. As inscricións poden realizarse nas instalación da Piscina Municipal.
O Concello convida ás persoas interesadas en participar a que colaboren levando alimentos non perecedoiros que se entregarán á asociación Cáritas Allariz. Ademais, haberá un posto da asociación SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) para quen desexe axudar nela.