Allariz inaugura este xoves a decoración de Nadal na vila

OurenseXa
As rúas e prazas da vila encheranse de decorados ata o vindeiro 6 de xaneiro
Nadal, Allariz
Nadal, Allariz
5 Dec 2024

O Nadal regresa a Allariz un ano máis consolidándose como un dos máis bonitos e especiais da provincia.

As rúas e prazas da vila encheranse de decorados, moitos deles artesanais, ata o vindeiro 6 de xaneiro.

Ademais, o Concello ten en marcha un ano máis a campaña 'O Peto dos Desexos', unha iniciativa que busca incentivar as compras locais e dinamizar a economía de Allariz durante a época festiva, ofrecendo premios aos seus participantes.

A campaña dará comezo este 5 de decembro e estará activa ata o 6 de xaneiro, ambos incluídos. Proporá un atractivo sorteo de 1.000 euros en premios, distribuídos en dous premios de 250 euros e cinco de 100 euros. Para participar, os clientes deberán xuntar tíckets de compra que sumen un valor total de 30 euros e depositalos, xunto coa 'Tarxeta dos Desexos', nun dos Peto dos Desexos situados no Alto do Portelo e na Alameda.

As compras realizadas durante este período entrarán automaticamente no sorteo, que terá lugar o 8 de xaneiro, ás 11.00 horas, nun acto público no Alto do Portelo.

0.171217918396