Allariz inicia os traballos de repintado da sinalización viaria para reforzar a seguridade nas rúas

OurenseXa
O Concello advirte de posibles afeccións puntuais ao tráfico durante a execución das actuacións e agradece a colaboración da veciñanza
traballos-repintado-allariz
15 Jul 2026

O Concello de Allariz iniciou este martes os traballos de repintado da sinalización horizontal en distintas vías do municipio, unha actuación destinada a mellorar a seguridade viaria e incrementar a visibilidade das marcas sobre a calzada.

Os labores de mantemento permitirán renovar a sinalización viaria, favorecendo unha mellor circulación tanto para vehículos como para peóns.

Desde o Concello informan de que, mentres se desenvolvan os traballos, poderán producirse pequenas afeccións á mobilidade e restricións puntuais ao tráfico nalgunhas zonas.

A administración local pide desculpas polas molestias que estas actuacións poidan ocasionar e agradece a comprensión e colaboración da cidadanía durante a execución dos traballos.

0.12376618385315