Allariz instala paneis dixitais para mellorar a comunicación accesibilidade de veciños e viitantes

OurenseXa
Os novos paneis dixitais supoñen unha mellora significativa na comunicación pública, ofrecendo contidos interactivos e multimedia, como vídeos, imaxes e mapas, que facilitan unha interacción máis dinámica e atractiva
presentacion-paneis-interactivos-allariz
Bernardo Varela, María López, Cristina Cid e Jose Manuel González
23 Apr 2025

O Concello de Allariz avanza na modernización da súa infraestrutura pública cunha nova iniciativa pensada para mellorar a comunicación e facilitar o acceso á información para a veciñanza e as persoas visitantes. A instalación de dous MUPIs (Módulos de Información de Puntos de Interese) publicitarios dixitais situados en puntos clave da vila, na zona alta e baixa, permitirá ofrecer unha información máis áxil, interactiva e actualizada.

A actuación está financiada con fondos da Unión Europea a través do programa Next Generation EU, no marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. Este proxecto representa un importante paso cara á modernización da infraestrutura urbana e á mellora da calidade dos servizos ofrecidos á cidadanía.

Os novos paneis dixitais supoñen unha mellora significativa na comunicación pública, ofrecendo contidos interactivos e multimedia, como vídeos, imaxes e mapas, que facilitan unha interacción máis dinámica e atractiva tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes. A información será actualizada en tempo real sen a necesidade de intervención física, o que asegura que os datos que se proporcionen sexan sempre os máis recentes e relevantes.

Ademais, a utilización destes paneis dixitais permite reducir a xeración de residuos asociados á impresión de materiais, contribuíndo á sostibilidade e ao coidado do medio ambiente. A modernización tamén se percibe no espazo público, onde a instalación dos paneis contribúe a renovar a imaxe dos espazos urbanos, facendo que Allariz se perciba como un lugar máis moderno e accesible.

A alcaldesa Cristina Cid, acompañada por parte do goberno local e do persoal da oficina de información, realizou unha visita para comprobar o funcionamento dos MUPIs. Durante a visita constatáronse os beneficios da nova tecnoloxía implementada, que mellorará a conexión e a accesibilidade para a veciñanza e as persoas que se achegan ao municipio.
Con esta nova iniciativa, explican dende o Concello, Allariz avanza cara a un futuro máis tecnolóxico e accesible, mellorando a calidade de vida da súa cidadanía e facendo que tanto a veciñanza como as persoas visitantes poidan desfrutar dunha mellor experiencia e conexión co seu entorno.

Esta actuación forma parte do PSTD Allariz Destino Sostible que está financiado con recursos provintes do PRTR, Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, no desenvolvemento das actuacións necesarias para a consecución dos obxectivos definidos no Compoñente: C14. Plan de modernización y competitividad del sector turístico Inversión 1, de dicho PRTR.

⚙ Configurar cookies
0.17028903961182