Allariz presenta o programa de actividades para o Nadal

OurenseXa
Do 20 de decembro ao 5 de xaneiro, o Concello de Allariz convida a todo o mundo a vivir estas datas "dun xeito único, cunha oferta que combina cultura, creatividade e entretemento para todas as idades"
Presentación do Programa de Nadal 2024 en Allariz
Presentación do Programa de Nadal 2024 en Allariz
10 Dec 2024

O Nadal chega a Allariz cargado de ilusión e cunha ampla programación para gozar en comunidade. Do 20 de decembro ao 5 de xaneiro, o Concello de Allariz convida a todo o mundo a vivir estas datas dun xeito único, cunha oferta que combina cultura, creatividade e entretemento para todas as idades.

Esta mañá, Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, acompañada polos concelleiros e concelleiras de Cultura, Promoción Económica e Deportes, Alberto Conde, María López e Carlos Puga, presentaron o programa oficial de Nadal. A rexedora destacou o compromiso do Concello por ofrecer unha programación diversa, accesible e enriquecedora: “Queremos que cada persoa atope o seu momento especial, sexa a través da música, do teatro, do deporte ou simplemente desfrutando da maxia do Nadal nas nosas rúas”.

Programación

Cultura e espectáculos para todas as idades

  • Concerto da Escola da Banda Unión Musical de Allariz: venres, 20 de decembro, ás 20.00 horas na Casa da Cultuta.
  • Teatro infantil: "Molto Barroco": sábado, 21 de decembroás 18.30 horas na Casa da Cultura
  • "Cacho Animado" de Teatro Vero Rilo: sábado, 2 de xaneiro, ás 18.30 horas na Casa da Cultura.

Actividades infantís e creativas

  •  Nadal Parc: do 26 ao 30 de decembro no Pavillón do instituto de 11.30 a 13.30 horas e de  16.00 a 20.00
  • Obradoiros temáticos de Nadal: 27 de decembro (Creación de grilandas de Nadal)

Deporte e solidariedade

  • "A Derradeira en piragua": martes, 31 de decembro, ás 10.00 horas no Río Arnoia
  • Carreira Popular Solidaria "A Derradeira": martes 31 de decembro con saída na Praza Maior ás 16.00 horas para a categoría infantil e ás 16.30 horas para adultos.
  • Aportación solidaria: Entregar alimentos non perecedoiros (cacao, legumes, azucre, etc.) o día do evento, antes da saída na Praza de Abaixo.

Maxia e tradición

  • Cabalgata de Reis: domingo, 5 de xaneiro, a partir das 18.30 horas (da Alameda ao pavillón do IES)
0.17501020431519