Allariz recibe o selo SICTED ao Compromiso e a Calidade Turística

OurenseXa
A Gala de entrega terá lugar este xoves 29 de febreiro
Allariz_casco_histórico
Casco histórico de Allariz
28 feb 2024

Este 29 de febreiro terá lugar a Gala de entrega de Certificados SICTED que premia aos locais hostaleiros e turísticos do territorio que conforman o xeodistino de Allariz e que durante o ano pasado buscaron a mellora nos seus establecementos e servizos para obter este tan preciado selo

O SICTED baséase na conciencia integral de destino e na identificación de obxectivos comúns dos axentes implicados proporcionando un nivel de calidade homoxéneo nos servizos ofrecidos ao turista dentro dun mesmo destino, de maneira que non se aprecien deficiencias de calidade substanciais entre os diferentes produtos (axentes) que compoñen a oferta no destino e, con iso, condicionamentos negativos da percepción e satisfacción dos turistas.

Este certificado, por tanto, é un recoñecemento ao esforzo e compromiso coa calidade e a mellora continua para xeodestino Allariz.

Gala_sicted_Concello_Allariz