Allariz solidarízase co pobo saharauí cunha campaña de doazón de medicamentos
OurenseXa
Desde o Concello informan que na vindeira semana, unha comisión sanitaria viaxará para prestar atención médica
Imaxe campaña de doazón de medicamentos
22 Oct 2024
Despois das intensas choivas dos días 22 e 23 de setembro, as inundacións nos campos de refuxiados saharauís están poñendo en risco a saúde de moitas persoas, explican desde o Concello de Allariz, que informa que na vindeira semana, unha comisión sanitaria viaxará para prestar atención médica.
Por iso, desde o Concello fan un chamamento á veciñanza para recoller medicamentos e produtos sanitarios, que poderán se entregados durante a xornada deste martes, 22 de outubro, no Fogar dos Maiores de Allariz.