Amoeiro acollará este venres a saída do 59 Rally de Ourense

O municipio de Amoeiro volverá converterse nun dos escenarios destacados do Rally de Ourense, que este ano celebra a súa 59ª edición e forma parte do Supercampionato de España de Rallyes.
A competición arrancará o venres 12 de xuño co primeiro tramo cronometrado, de 13,32 quilómetros, que se desenvolverá no termo municipal de Amoeiro e terá a súa saída ás 18:40 horas. Esta especial repetirase máis tarde como cuarto tramo do día, cunha segunda pasada prevista para as 22:30 horas, ofrecendo un formato nocturno que engadirá maior espectáculo á proba.
Como novidade desta edición, a organización incorpora unha aplicación móbil que permitirá consultar os puntos habilitados para o público en cada concello, co obxectivo de mellorar a seguridade e a planificación dos asistentes.