Amoeiro supera os 2.500 habitantes por primeira vez en máis de 45 anos

OurenseXa
O municipio rexistra 2.505 veciños segundo os datos municipais actuais, superando o limiar dos 2.500 habitantes que non se acadaba dende hai máis de catro décadas
evolución poboación Amoeiro
Foto: Concello de Amoeiro
8 Nov 2026

O Concello de Amoeiro deu a coñecer a evolución histórica da súa poboación dende o ano 1842, tomando como referencia os rexistros oficiais do Instituto Nacional de Estadística (INE). O repaso a estes datos censuais permite observar as distintas oscilacións demográficas que experimentou o municipio ao longo de case dous séculos.

En base ao último censo oficial dispoñible, correspondente ao ano 2021, Amoeiro contaba daquela con 2.331 habitantes. Porén, as cifras máis recentes manexadas polo propio Concello sitúan a poboación actual en 2.505 veciños, o que supón superar a barreira dos 2.500 habitantes.

Segundo se sinalou, facía máis de 45 anos que o municipio non acadaba este nivel de poboación, o que marca un punto de inflexión na tendencia demográfica recente de Amoeiro.

0.16555786132812