Ana Fernández decir a concedería de Asuntos Sociais
Este venres coñecíase que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, cambiaba as asignacións da ata o de agora edil de Asuntos Sociais, Ana Fernández, para outorgar as súas competencias á concelleira de Facenda, Tamara Iglesias. Trátase dun movemento que dende o grupo municipal socialista describen como un “xogo de marionetas” para que continúen as súas políticas de desmantelamento.
“O alcalde cambia de peón para poñer á fronte dos servizos sociais, a sabendas de que isto supón recoñecer implicitamente o inexistente e nefasto labor da edil á fronte desta concellería e de que el é o que move os fíos na sombra e o máximo responsable de que os servizos sociais en Ourense estean na UCI”, afirma a portavoz do PSdeG no Concello, Natalia González Benéitez.
Neste senso, engade que o novo nomeamento non suporá ninguna permuta no traballo de fiscalización que exercen as e os socialistas dende a oposición, que non baixarán “nin un ápice as marchas na loita polo benestar dos e das ourensás” e que, sexa quen sexa a responsable desta área, continuarán esixindo “valentía política, empatía e vontade para atender as necesidades das persoas que máis o precisan”.
Con todo, dende o grupo municipal socialista lamentan que nestes últimos cinco anos o alcalde convertera a Ourense na “escombreira” social de Galicia e se desentendera de canta capacidade ten a administración local para promover o benestar social e a igualdade da veciñanza. Advirten, por último, de que tamén fiscalizarán o desempeño da concelleira de Democracia Orensana, Ana Fernández, na nova área da que será edil: Contratación e Avogacía Consistorial.