AODEMPER inaugura a súa nova sede en Ourense

OurenseXa
Fundada en 1996, a Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Parkinson e Enfermidades Raras desenvolve programas de atención, apoio e acompañamento integral dirixidos ás persoas afectadas por estas enfermedades
inauguracion-nova-sede-aodemper
29 May 2026

A Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Parkinson e Enfermidades Raras (AODEMPER) inaugurou este xoves a súa nova sede en Ourense nun acto no que participou o presidente da Deputación provincial, Luis Menor, quen destacou o labor que a entidade realiza desde hai case trinta anos no acompañamento ás persoas afectadas e ás súas familias.

Durante a inauguración, Menor definiu o traballo da asociación como un exemplo de “humanidade, acompañamento e compromiso social”, poñendo o foco na atención próxima e no apoio que presta ás persoas con esclerose múltiple, párkinson e enfermidades raras.

Na súa intervención, o presidente provincial asegurou que entidades como AODEMPER “converten a dificultade en comunidade, o medo en apoio e a soidade en compañía”, ao tempo que resaltou a importancia da función sociosanitaria e humana que desenvolve a asociación na provincia.

Menor tamén sinalou que a nova sede supón “avance, accesibilidade e futuro”, ao tratarse dun espazo máis amplo e adaptado para continuar ofrecendo servizos e atención especializada ás persoas usuarias e ás súas familias.

Ademais, trasladou o seu recoñecemento á presidenta da entidade, Susana Fernández, así como á directiva, profesionais e persoal voluntario da asociación, destacando que “o voso traballo deixa pegada na vida de moitas persoas e contribúe a construír unha provincia máis humana, inclusiva e sensible”.

Fundada en 1996, AODEMPER desenvolve programas de atención biopsicosocial, fisioterapia, apoio psicolóxico e acompañamento integral dirixidos ás persoas afectadas por estas enfermidades e ao seu entorno familiar.

0.12140893936157