Aprobada a suspensión temporal da ORA en Ourense

OurenseXa
A suspensión farase efectiva a partir do 1 de xaneiro
ORA Ourense
13 Dec 2024

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión ordinaria desta semana a suspensión temporal do servizo da ORA na cidade a partir do 1 de xaneiro de 2025.

A medida fora avanzada polo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, fai menos dun mes. A razón, explican, e que este servizo é prestado actualmente en precario pola empresa Grupo europeo de servicios Doal está “anticuado e vencido”.

Sinalaban dende o Concello que as máis de 1.000 prazas existentes hai máis de 20 anos reducíronse até as 750 actuais, debido principalmente a peonalizacións e á creación de zonas de carga e descarga. A cifra reducirase aínda máis no futuro coas novas rúas de acceso restrinxido, como Arturo Pérez Serantes, o inicio da avenida de Bos Aires e treitos de rúas como Valle Inclán, Ramón Cabanillas ou Bedoya, entre outras, así como coas novas ampliacións de zonas carga e descarga, a instalación de bases para bicicletas eléctricas e recarga de vehículos, polo que o número de prazas ORA dispoñibles nas rúas orixinais da cidade sería inferior ás 500.

A isto, engadía o alcalde, “o sistema ORA nace dun concepto erróneo de rotación, de facto non executado, é o momento de suprimir unha mala idea para regular o aparcamento”.

⚙ Configurar cookies
0.17579293251038