Aprobado o expediente para contratar o servizo de recollida de residuos e limpeza viaria en Ourense

OurenseXa
O contrato será por 10 anos, cun orzamento anual de 15.995.000 euros
Concello de Ourense
28 Dec 2024
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres o expediente para contratar o servizo de recollida de residuos e limpeza viaria do Concello de Ourense, por un período de 10 anos (desde 2025 ata 2034), cun orzamento de licitación anual de 15.995.689.16 euros.  No acordo, a xunta local aproba tamén as cláusulas administrativas e técnicas que rexerán a contratación, e dispón a apertura do procedemento de adxudicación do contrato, mediante procedemento aberto.

Coa licitación deste contrato, o goberno municipal pretende “manter e mellorar a calidade  dun servizo, o de recollida de lixo e limpeza viaria de Ourense, que xa é dos mellores de toda España”, asegura o goberno local, que subliña a este respecto que “o medible non é opinable. En Ourense temos 200 traballadores para prestar servizo a 100.000 habitantes, algo que poucas cidades de España  teñen”.

0.17860102653503