Arde a antiga Casa de Baños de Ourense durante un voraz incendio esta madrugada

OurenseXa
As lapas, que comezaron sobre a 1:30 da madrugada, calcinaron por completo o edificio, que levaba anos abandonado
incendio-casa-de-baños-ourense
15 May 2026

A antiga Casa de Baños de Ourense quedou practicamente destruída na madrugada deste venres tras declararse un incendio de gran virulencia no edificio, nas inmediacións do antigo centro penitenciario.

O aviso aos servizos de emerxencia rexistrouse arredor da 1:28 horas. Cando chegaron as primeiras dotacións, o lume xa se estendera polo interior do inmoble, con lapas que saían polas xanelas e unha densa columna de fume visible desde distintos puntos da cidade.

Os bombeiros continúan traballando na extinción total das chamas, aínda que o incendio xa está controlado desde primeira hora desta mañá, e varios veciños do edificio lindeiro terían sido desaloxados.

As causas do incendio aínda se descoñecen, aínda que segundo distintas informacións, a Policía Nacional tería acudido ao lugar en varias ocasións durante as últimas semanas pola presenza de okupas dentro do inmoble.

incedio-casa-de-baños-ourense-2
0.12799787521362