As Festas da Follateira provocarán restricións de tráfico en varias rúas desde este xoves

OurenseXa
Os cambios na circulación comezarán hoxe a partir das 11:00 horas, cunha restrición parcial na avenida de Bos Aires no tramo comprendido entre a rúa Silveira e a rúa Iglesias Alvariño
Policia_Local_Ourense
7 May 2026

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a celebración das Festas da Follateira implicará cortes e restricións de tráfico en distintos tramos das avenidas de Bos Aires e Otero Pedrayo entre o xoves 7 e o domingo 10 de maio.

Os cambios na circulación comezarán o xoves 7 de maio, a partir das 11:00 horas, cunha restrición parcial na avenida de Bos Aires no tramo comprendido entre a rúa Silveira e a rúa Iglesias Alvariño. Esta medida débese aos traballos de montaxe das atraccións, permitindo unicamente o paso de autobuses, vehículos de emerxencia e residentes.

O venres 8 de maio, a partir das 19:00 horas, cortarase totalmente ese mesmo tramo de Bos Aires ata a 01:00 horas. Nesa xornada tamén se pechará a avenida Otero Pedrayo no treito entre as glorietas de Iglesias Alvariño e Villamil y Castro desde as 18:00 horas, mentres que o vial de servizo quedará pechado a partir das 20:00 horas.

O sábado 9 de maio repetirase o dispositivo, cun corte en Bos Aires desde as 16:00 horas ata a 01:00 horas e novos peches en Otero Pedrayo nos mesmos tramos horarios que o día anterior.

Xa o domingo 10 de maio, a avenida de Bos Aires terá restrición parcial entre as 11:00 e as 14:00 horas debido á celebración dunha exposición de vehículos clásicos, mantendo o paso para residentes, autobuses e emerxencias. Pola tarde, a partir das 16:00 horas, está previsto o corte total da vía pola celebración de actividades musicais e atraccións.

Dende a Policía Local recoméndase planificar con antelación os desprazamentos pola zona durante os días de celebración para evitar afeccións ao tráfico.

0.13427901268005