As Festas de San Francisco regresan esta fin de semana

OurenseXa
A París de Noia encabezará o cartel deste ano
Fogos artificiais
30 sep 2024

As Festas do barrio de San Francisco regresan este venres, 4 de outubro de 2024, cun cartel que se estenderá ata o domingo, 6 de outubro e onde, como vén sendo habitual, as orquestras serán as grandes protagonistas.

Os festexos arrancarán o venres ás 00.00 horas coa actuación do DJ Gramola, unha sesión  que se estenderá ata as 4.00 horas da madrugada. O sábado, 5 de outubro, a gran protagonista da xornada será a orquestra Paris de Noia, que actuará entre as 23.30 e as 2.30 horas e, posteriormente, haberá un DJ. O domingo, 6 de outubro, será o turno da orquestra Origen, que poseerá o broche de ouro aos festexos cunha actuación que comezará ás 19.00 horas. Ademais, haberá atraccións para os cativos e cativos durante os tres días.

0.096174001693726