As festas de Santa Teresita arrancan esta noite con tres días cheos de música

OurenseXa
A programación de actividades das Festas de Santa Teresita requirirá realizar esta fin de semana cortes de tráfico en varias rúas do barrio
Fogos artificiais
27 sep 2024

O barrio de Santa Teresita acolle un ano máis as súas festas patronais que arrancan este venres e estenderanse ata o domingo, 29 de setembro.

As celebracións comezan  coa actuación do grupo Tatoo e continuarán o sábado coa Festa da Mocidade, que incluirá unha macro discoteca ao aire libre. O domingo, o turno será para o Trío Vaivén, que poñerá o broche de ouro aos festexos.

Cortes de tráfico

A programación de actividades das Festas de Santa Teresita requirirá realizar esta fin de semana cortes de tráfico en varias rúas do barrio. Levaranse a cabo mañá, venres, 27, desde as 19.00 horas, e o sábado, 28 e o domingo, 29, desde as 18.00 horas, e continuarán até que rematen as actuacións musicais. As rúas afectadas son Río Bubal, Río Sil, Quitián desde Alejandro Pedrosa, Santa Teresita (desde Quintián até Alejandro Pedrosa) e río Xares.

O dispositivo de tráfico deseñado pola Policía Local de Ourense establece 2 rutas alternativas, en sentido ascendente: a través da rúa Alejandro Pedrosa ou a través das rúas Quintián, Salas, Guizamonde e Alejandro Pedrosa; e outras 2 rutas en sentido descendente: por Alejandro Pedrosa ou por Avenida de Santiago-Río Limia, e viceversa

Consulta  o  programa completo das Festas de SantaTeresita 2024

0.10200977325439