As patinadoras do Club Ourela competiron na II Fase de Niveis de patinaxe artística

OurenseXa
Once patinadoras do club ourensán regresaron co diploma que acredita a superación do seu nivel
club-ourela-fase-de-niveis
3 Jun 2026

Este campionato corresponde á categoría de formación da Federación Galega de Patinaxe. Está composta por 8 niveis, con diferentes elementos como saltos, piruetas e figuras de dificultade ascendente. Non está pensado como unha competición entre rivais, xa que non conta con clasificación final nin podio, senón que busca que as patinadoras e patinadores progresen de forma coherente e adaptada aos seus tempos de aprendizaxe.

As 22 patinadoras do Ourela que se presentaban nesta convocatoria desprazáronse ao Pavillón de Coruxo (Vigo) na mañá do domingo 31 de maio, turno que compartiron cos clubs CARPA e El Olivo, ambos de Vigo.

Tras unha mañá de actividade, 11 das patinadoras regresaron co diploma que acredita a superación do seu nivel: Paula e Noa (Nivel 1), Emma, Mónica e Sara F. I. (Nivel 2), Sara F. P. e Miriam (Nivel 3), Lucía (Nivel 4), Lara (Nivel 6), Myriam e Ariadna (Nivel 7).

Con esta competición, as deportistas da canteira do CD Ourela rematan a primeira metade da tempada. Á volta do verán terán unha nova oportunidade de superar o seu nivel na III fase da competición, ademais de participar en trofeos non oficiais con carácter clasificatorio. O club dá por finalizada a primavera na modalidade de libre individual, aínda que aínda ten compromisos pendentes nas modalidades de Show e Danza antes das vacacións de verán.

0.1204822063446