As obras no Museo Arqueolóxico obrigan a pechar ao tráfico varias rúas no centro de Ourense
OurenseXa
Os peches produciranse durante as xornadas de este xoves e venres
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
26 sep 2024
O Concello de Ourense vén de informar de que as rúas Bispo Carrascosa e Colón estarán pechadas ao tráfico este xoves, 26 de setembro, e mañá, venres 27 de setembro, pola execución das obras de rehabilitación do Museo Arqueolóxico, que requirirán montar unha autogrúa na Praza Maior.
As instalacións do Museo, situadas xunto á Casa do Concello, levan máis de vinte anos pechadas. Os retrasos continuos, debidos fundamentalmente ao achado de restos arqueolóxicos que obrigaron a refacer o proxecto de reforma, fixeron que a situación deste centro de referencia se estendese no tempo máis do previsto.