Baños de Molgas abre o prazo para solicitar as axudas municipais destinadas á compra de material escolar

OurenseXa
As solicitudes poderán presentarse ata o 30 de setembro e será necesario achegar a factura da compra para xustificar a subvención
material-escolar
19 Jul 2026

O Concello de Baños de Molgas vén de abrir o prazo para solicitar as axudas destinadas á compra de material escolar para o alumnado do CEIP Baños de Molgas.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ata o vindeiro 30 de setembro, de acordo coas bases da convocatoria publicadas polo Concello.

Para poder xustificar a subvención concedida será imprescindible presentar a factura da compra do material escolar, un requisito necesario para acceder á axuda.

As bases completas da convocatoria poden consultarse na páxina web municipal. Ademais, o Concello ofrece información a través do teléfono 988 43 00 00 e nas oficinas municipais para resolver calquera dúbida relacionada coa tramitación das solicitudes.

0.12748980522156