Baños de Molgas mellora o acceso ao núcleo de Calvelo coa rexeneración do firme

OurenseXa
A actuación, executada con cargo ao Plan CooperOU da Deputación de Ourense, incluíu tamén a apertura das cunetas para favorecer a evacuación da auga
estrada-calvelo-taboadela
26 Jul 2026

O Concello de Baños de Molgas vén de rematar os traballos de rexeneración do firme no acceso ao núcleo de Calvelo, unha actuación destinada a mellorar as condicións de circulación e a seguridade neste vial, atendendo unha demanda trasladada pola veciñanza.

A intervención permitiu renovar o pavimento da estrada e incluíu tamén a apertura das cunetas, xa que a súa escasa pendente estaba a provocar problemas na evacuación da auga.

As obras foron executadas ao abeiro do Plan CooperOU da Deputación de Ourense.

Desde o Concello sinalan que esta actuación forma parte das iniciativas destinadas á conservación e mellora das infraestruturas municipais, co obxectivo de manter en bo estado a rede viaria e dar resposta ás necesidades dos distintos núcleos de poboación do municipio.

0.11507987976074