Baños de Molgas organiza unha xornada de Zumba e BodyBalance ao aire libre no Parque de Ansuiña

OurenseXa
A actividade gratuíta celebrarase o 4 de xullo e está aberta a todas as idades e niveis
zumba
2 Jul 2026

O Concello de Baños de Molgas organiza unha xornada especial de Zumba e BodyBalance ao aire libre no Parque de Ansuiña, unha actividade aberta á participación de toda a veciñanza.

A sesión celebrarase o 4 de xullo de 2026, en horario de 11:00 a 13:00 horas, no Parque de Ansuiña, e será de carácter gratuíto. A iniciativa está dirixida a persoas de todas as idades e niveis, co obxectivo de promover a actividade física e o benestar nun entorno natural.

As persoas participantes deberán acudir con roupa cómoda, esterilla e auga, ademais de ganas de participar na actividade. Para máis información e inscricións, está dispoñible o teléfono 988 430 000.

0.1234610080719