Barbadás acollerá a Liga de halterofilia Lift That Up

OurenseXa
Un total de 35 participantes daranse cita o vindeiro 20 de abril no Polideportivo Municipal de Barbadás
lift_that_up_barbadas
Barbadás acollerá a Liga de halterofilia Lift That Up
12 abr 2024

Se a primeiros deste mes de abril Barbadás converteurse nun dos epicentros das artes marciais co Campionato de Galicia individual escolar de Kung-Fu, o próximo día 20 será a halterofilia a que terá o Polideportivo Municipal deste concello como escenario para dar a coñecer este deporte.

A Liga de halterofilia Lift That Up naceu para asentar esta disciplina na provincia de Ourense e chegará ao concello de Barbadás con 7 equipos e un total de 35 participantes.

Trátase dunha competición que se leva a cabo por equipos mixtos de 4 integrantes e un reserva e só puntúan as 4 mellores marcas. Os puntos son normalizados para lograr a igualdade entre as marcas de mozos e mozas. Está previsto que a primeira quenda comece ás 10.00 horas e a segunda ás 12.00 horas.

A competición está organizada pola Liga de Halterofilia de Ourense, coa colaboración do Concello de Barbadás, e anímanse a todos os afeccionados a este deporte a asistir para desfrutar dunha xornada na que reinará o compañerismo.