Barbadás cortará o tráfico o domingo pola celebración da carreira popular

OurenseXa
A circulación quedará interrompida durante parte da mañá do domingo e irase restablecendo de forma progresiva a medida que remate a proba
avenida-celanova-barbadas
14 Nov 2026

O Servizo Municipal de Deportes do Concello de Barbadás informou de que este domingo, 15 de novembro, se producirán cortes de tráfico con motivo da celebración da ‘Carreira Popular da Valenzá’.

Segundo trasladou o consistorio, a proba deportiva comezará ás 11.00 horas, aínda que o corte da circulación se adiantará e entrará en vigor ás 10.45 horas.

Desde a organización explicaron que a reapertura das vías non se producirá de xeito inmediato, senón que se irá levando a cabo de forma progresiva, a medida que vaian pasando os últimos corredores que tomen parte na proba. En calquera caso, prevese que o tráfico quede completamente restablecido, como moi tarde, ás 12.30 horas.

O Concello pediu desculpas de antemán polas posibles molestias que esta afección poida ocasionar aos veciños e condutores, e agradeceu a colaboración cidadá durante o desenvolvemento da proba.

0.16471791267395