Barbadás organiza un obradoiro infantil de elaboración de instrumentos musicais de Nadal
OurenseXa
Será o sábado, 14 de decembro, no Museo da Gaita de Fole

10 Dec 2024
O Concello de Barbadás, dentro do seu programa de actividades para festexar o Nadal, organiza un obradoiro infantil de elaboración de instrumentos musicais de Nadal.
A actividade terá lugar o vindeiro sábado, 14 de decembro, no Museo da Gaita de Fole e poderán anotarse todos aqueles nenos e nenas de entre 5 e 12 anos de idade, cun número máximo de 20 prazas. As inscricións poderán realizarse por teléfono, a través do 988 360 413, ou por correo electrónico, na dirección museodagaita@barbadas.gal