Barbadás organiza unha campaña de compostaxe doméstica de residuos

OurenseXa
Barbabás pon a disposición dos veciños un plan de xestión para a recollida de materia orgánica para compostaxe
campaña_compostaxe_barbadas
Campaña de compostaxe de residuos, Concello de Barbadás
12 mar 2024
O Concello de Barbadás organiza unha campaña de compostaxe doméstica de residuos, un plan de xestión para a recollida de materia orgánica para compostaxe e a implantación do colector marrón..
Dende o Concello lembran que "os residuos orgánicos representan practicamente o 50% da nosa bolsa do lixo". Por iso, poñen a disposición dos veciños que dispongan dun pequeno terterreo, a posibilidade de aproveitar estes residuos para facer un compost de excelente calidade, mediante composteiros e aireadores de uso doméstico postos a súa disposición dende o Concello.