Barbadás retoma a súa cita comercial mensual coa Feira do 2 na Valenzá

OurenseXa
O Paseo dos Amieiros acolle este mércores a primeira edición do mercado tras o verán, cunha variada oferta de postos e a tradicional pulpeira
Feira do 2 Barbadás
1 Sep 2026

O concello de Barbadás inicia setembro coa celebración da Feira do 2, o mercado mensual que volve despois da parada estival. A cita terá lugar este mércores no Paseo dos Amieiros, na Valenzá, onde desde primeiras horas se instalará unha ampla variedade de postos.

Entre a oferta dispoñible destacan os produtos de alimentación, artigos de roupa e plantas de viveiro, aos que se suma a parada de polbo, xa tradicional neste mercado e un dos seus principais reclamos.

Trátase dunha cita que, mes a mes, reúne non só á veciñanza de Barbadás, senón tamén a numerosas persoas procedentes de concellos próximos, que aproveitan a xornada para se achegaren até A Valenzá.

Desde o goberno municipal fixeron un chamamento á poboación para que participe nesta nova edición do mercado, salientando que se trata dunha boa oportunidade para facer compras, pasear, comer e desfrutar do ambiente que se xera arredor da feira.

0.16603899002075