Bombeiros do Consorcio Provincial protestan fronte á Deputación de Ourense

OurenseXa
Esixen melloras nas condicións laborais, especialmente no relativo aos horarios, así como un aumento do persoal para poder dar cobertura ás emerxencias
bombeiros-dep-ourense
30 Apr 2026

Decenas de bombeiros do Consorcio Provincial de Ourense mobilizáronse este xoves fronte á Deputación de Ourense, na rúa do Progreso, dentro dun conxunto de protestas que comezaron o pasado 11 de abril co inicio dunha folga indefinida.

A folga, que comezou coa non realización de horas extras por parte dos bombeiros do Consorcio, foi intensificándose ante a falta de negociación entre ambas partes.

Os efectivos denuncian que a institución provincial incumpriu o convenio asinado en 2024, mentres que desde a Deputación negan esta situación, e esixen melloras nas condicións laborais, especialmente no relativo aos horarios, así como un aumento do persoal para poder dar cobertura ás emerxencias.

Critican ademais a falta de resposta por parte da institución provincial e anuncian novas mobilizacións nos vindeiros días.

0.12120985984802