Bos resultados para o Club Piragüismo Fluvial Allariz no Campionato Galego de Promoción

O Club Piragüismo Fluvial Allariz regresou con boas sensacións do Campionato Galego de Piragüismo Individual para as categorías benxamín e alevín, celebrado esta fin de semana no encoro de Vilasouto, no municipio lucense do Incio.
A competición reuniu a preto de 400 nenos e nenas procedentes de clubs de toda Galicia. Entre eles participaron catro mozos deportistas do club alaricano, que afrontaron unha das súas primeiras experiencias competitivas a nivel autonómico.
Na categoría benxamín masculina, Guillermo Dacruz acadou a décima posición, mentres que Aimar Sánchez rematou no posto 21. Pola súa banda, na categoría alevín feminina, Alazne Sánchez concluíu na vixésimo primeira praza e Margaret Rose ocupou o posto 24.
Desde o Club Piragüismo Fluvial Allariz valoran de forma positiva a actuación dos seus novos padeeiros, que continúan acumulando experiencia e formación deportiva nas súas primeiras competicións oficiais.
Os resultados obtidos permiten ao club seguir traballando na progresión da súa canteira, unha das bases fundamentais da entidade deportiva allaricense.