Cartelle acollerá a Maratón de Fútbol Sala Outomuro 2026 os días 10, 11 e 12 de xullo

O Concello de Cartelle celebrará os días 10, 11 e 12 de xullo unha nova edición da Maratón de Fútbol Sala Outomuro 2026, un dos eventos deportivos do verán no municipio.
A competición desenvolverase no pavillón de Pino Vilachá e reunirá equipos durante tres xornadas nas que se combinarán deporte, emoción e bo ambiente.
No apartado de premios, establécese unha dotación de 1.200 euros para o equipo campión, 500 euros para o segundo clasificado e 200 euros para o terceiro posto. Ademais, haberá premio para o campión da fase de consolación, consistente nun xamón e 50 euros. Tamén se contemplan premios para equipos locais, con 200 euros para o campión local e 100 euros para o subcampión.
A inscrición ten un custo de 100 euros por equipo e realizarase a través das redes sociais de @maratonoutomuro.
O evento contará tamén con zona de acampada e acceso a piscinas, co obxectivo de ofrecer unha fin de semana completa de actividade deportiva e convivencia.