Cartelle acollerá unha proba da Liga Interclubes de hípica

OurenseXa
Será o próximo domingo 14 de xuño no Centro Ecuestre O Mundil
liga-hipica-cartelle
8 Jun 2026

Cartelle será escenario dunha destacada xornada do mundo ecuestre o vindeiro domingo 14 de xuño, coa celebración da CDT 1 */ XI Liga Interclubes 2026.

A competición desenvolverase a partir das 09:30 horas nas instalacións do Centro Ecuestre O Mundil, onde se darán cita xinetes e amazonas chegados para participar nunha das probas incluídas no calendario da liga.

Ao longo da xornada, o público poderá asistir a diferentes exhibicións nas que se valorará a técnica, a precisión e a elegancia dos participantes, nun evento que reúne deportistas de distintos clubs.

A cita está pensada tamén como unha proposta de lecer para o público familiar, ofrecendo a oportunidade de achegarse ao mundo da hípica e coñecer de preto este deporte.

0.14420080184937