Cartelle finaliza as obras de reparación na Ruta do Santo tras os danos do temporal

OurenseXa
Tras un peche temporal por motivos de seguridade, a ruta xa volve estar aberta ao público e dispoñible para o seu uso
traballos-reparacion-ruta-do-santo-cartelle
13 Jun 2026

O Concello de Cartelle completou nas últimas semanas os traballos de reparación na Ruta do Santo, que resultara afectada por danos provocados polo temporal rexistrado recentemente.

As actuacións desenvolvéronse en diferentes puntos do percorrido co obxectivo de garantir a seguridade das persoas usuarias. Entre os traballos realizados inclúese a reparación de pasarelas, a substitución de táboas danadas e o acondicionamento xeral do trazado.

Tras un peche temporal por motivos de seguridade, a ruta xa volve estar aberta ao público e dispoñible para o seu uso.

Desde o Concello anímase á veciñanza a achegarse e volver a percorrer este espazo natural, ao tempo que se destaca o labor de mantemento e mellora dos espazos públicos do municipio.

0.12325215339661