Cartelle será sede dun torneo da Copa Ibérica de fútbol sala feminino

OurenseXa
O Pavillón Piño Vilachá reunirá, os días 29 e 30 de agosto, a equipos de primeiro nivel do fútbol sala feminino
futbol_feminino_cartelle
24 Aug 2026

O Pavillón Piño Vilachá de Cartelle converterase os vindeiros 29 e 30 de agosto en escenario dun torneo da Copa Ibérica de fútbol sala feminino, unha competición que reunirá a equipos de primeiro nivel desta disciplina deportiva.

Durante os dous días de competición, o público poderá gozar dun fútbol sala feminino de alto nivel, nunha cita que busca achegar este deporte á localidade e fomentar a súa práctica e seguimento entre a afección.

A organización, impulsada co respaldo da Deputación de Ourense, convida aos veciños e afeccionados ao deporte a se achegaren ao pavillón para gozar do ambiente deportivo e apoiar as xogadoras durante ambas as xornadas.

0.11704111099243