Celanova acende o seu alumado de Nadal o 4 de decembro con música e o Tren de Nadal

OurenseXa
O municipio vivirá unha tarde con pasarrúas, música e baile antes do acendido, ademais da posta en marcha do tradicional tren nadalego
presentación Nadal 2026 Celanova
Foto: Celanova Concello
27 Nov 2026

A Praza Maior de Celanova acollerá, o vindeiro venres 4 de decembro, unha xornada festiva con motivo do acendido da iluminación de Nadal do municipio. Onte deuse a coñecer o cartel coa participación das diferentes agrupacións locais que tomarán parte nos actos.

A xornada comezará ás 19.30 horas cun pasarrúas acompañado de música, baile e unha exhibición de ximnasia rítmica, nas que participarán varias agrupacións do municipio. Unha hora despois, ás 20.30 horas, terá lugar o acendido oficial das luces de Nadal.

Ademais, ese mesmo día entrará en funcionamento o Tren de Nadal, unha iniciativa posta en marcha pola asociación Celanova CHEA co apoio do Concello. O servizo, que sairá da Praza Maior con parada en Vilanova dos Infantes, estará en marcha entre o 4 de decembro e o 7 de xaneiro.

Dende a organización convídase a toda a veciñanza a sumarse a esta proposta e a gozar dun Nadal pensado para vivir en común.

0.15500998497009