Celanova achegará unha experiencia gastrobotánica para descubrir os usos das plantas silvestres

OurenseXa
A actividade, titulada 'Sabores Espontáneos', combinará unha ruta de identificación de especies comestibles e medicinais cunha degustación gastronómica o 25 de xullo
experiencia-gastrobotanica-celanova
22 Jul 2026

Celanova acollerá o vindeiro 25 de xullo unha experiencia gastrobotánica organizada por Sabores Espontáneos, unha proposta que busca unir a observación da natureza, o coñecemento do medio e a gastronomía.

A actividade desenvolverase na zona da Ponte Freixo e permitirá ás persoas participantes realizar unha camiñada orientada á identificación de plantas silvestres comestibles e medicinais presentes no entorno.

Tras o percorrido, a xornada continuará cunha degustación na que se poderán coñecer os sabores e as posibilidades culinarias destes recursos naturais.

A experiencia terá lugar entre as 17.30 e as 19.30 horas e conta cun prezo de participación de 10 euros. As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición a través do correo electrónico daniela.s.r.valente@gmail.com ou mediante o teléfono 696 284 190.

0.13159704208374