Celanova acollerá a vindeira fin de semana un curso de conservas vexetais
OurenseXa
A actividade terá lugar o sábado, 16 de novembro, no Centro Sociocomunitario de Celanova

11 Nov 2024
Celanova acollerá o vindeiro sábado, 16 de novembro, un obradoiro para aprender a preparar conservas vexetais que terá lugar no Centro Sociocomunitario de Celanova en horario de 9.30 a 13.30 horas.
O curso está organizado pola Fundación Formavigo en colaboración coa Consellería de Política Sociale Igualdade da Xuntade Galicia e o Concello de Celanova.
As persoas interesadas poderán anotarse a través da dirección de correo c.b.s.celanova@xunta.gal ou por teléfono, no 988 788 647. O curso continuará os vindeiros días 30 de novembro e 14 de decembro, tamén en horario de mañá de 9.30 a 13.30 horas.