Coles continúa coa recuperación e posta en valor das fontes do municipio

OurenseXa
Os traballos de limpeza e acondicionamento chegaron nesta ocasión ás fontes de Ferreiros, Vilar, A Estación, A Laxa, A Telleira e O Pilo, na Barra
recuperacion-fontes-coles
14 Aug 2026

O Concello de Coles continúa cos traballos de limpeza e recuperación das fontes do municipio co obxectivo de conservar estes elementos do patrimonio local, vinculados á historia e á memoria das diferentes parroquias.

Nesta nova fase, as actuacións desenvolvéronse nas fontes de Ferreiros, Vilar, A Estación, A Laxa, A Telleira e O Pilo, na Barra.

O Concello destaca que a recuperación destes espazos permite conservar parte da identidade de Coles e manter vivos lugares que durante xeracións estiveron ligados á vida cotiá da veciñanza.

Os traballos forman parte das actuacións destinadas ao coidado e á posta en valor do patrimonio do municipio.

0.13600492477417