Coles retoma as clases de ximnasia de mantemento en varias localidades do Concello

O Concello de Coles pon en marcha unha nova edición do seu programa de ximnasia de mantemento, unha iniciativa gratuíta dirixida a todas as persoas empadroadas no concello que queiran manterse activas, mellorar a súa mobilidade e coidar o seu benestar físico.
As clases impartiranse en diferentes localidades do concello, con horarios que varían en cada unha delas. Toda a información detallada sobre días e horas pode consultarse no cartel publicado polo Concello.
O inicio das sesións está previsto para o 5 de outubro.
Dende a organización lembran que, no caso concreto do local de Vilar, a actividade só se levará a cabo se se consegue reunir un número mínimo de participantes.
Esta proposta busca ofrecer unha oportunidade para facer exercicio, manterse activo e, ao mesmo tempo, compartir tempo con outros veciños, reforzando así os lazos da comunidade.