Comeza en Amoeiro un curso gratuíto de Tai Chi grazas ao programa de fomento deportivo da Deputación

A Deputación de Ourense promove o programa de fomento do deporte “Taichi en plenitude para toda a vida”, unha iniciativa gratuíta que se desenvolverá no Pavillón de Deportes do Concello de Amoeiro.
As clases darán comezo este mércores 17 de xuño e impartiranse todos os mércores durante os meses de xuño, xullo e setembro, en horario de 16:30 a 17:30 horas. A actividade non ten custo para as persoas participantes, ao estar financiada pola Deputación de Ourense, no marco das accións de promoción da práctica deportiva e da actividade física.
O prazo de inscrición permanece aberto e as persoas interesadas poden anotarse a través do correo electrónico cursos@dinamictaiji.com ou chamando ao teléfono 988 239 937.