Comezan os traballos de limpeza e mellora no río Pazos ao seu paso por Reboredo, en San Cibrao das Viñas

A intervención, cun prazo estimado de execución de catro meses, busca mellorar a capacidade de desaugadoiro e reducir riscos en episodios de choivas intensas
limpeza-rio-pazos-reboredo-san-cibrao
17 Jun 2026

O Concello de San Cibrao das Viñas comezou recemente os traballos de limpeza e acondicionamento no río Pazos, no tramo que atravesa o núcleo de Reboredo, nunha actuación centrada na mellora da súa capacidade de desaugadoiro.

O proxecto ten como obxectivo favorecer o correcto funcionamento do leito fluvial e contribuír á prevención de incidencias en períodos de fortes precipitacións, reducindo así posibles riscos de inundación ou acumulación de auga na zona.

As obras contan cun prazo estimado de execución de catro meses e implicarán o uso de maquinaria de grandes dimensións, polo que desde a administración local se solicita a colaboración e comprensión da veciñanza ante as posibles molestias derivadas dos traballos.

Para calquera consulta ou aclaración, o Concello habilita o teléfono de contacto 988 381 034.

0.14875102043152