Convocado o I Premio Otero Pedrayo de relato curto para adultos

OurenseXa
O certame está organizado pola Fundación Ramón Otero Pedrayo e o prazo para presentar os traballos xa está aberto
premio-otero-pedrayo
8 Dec 2024

A Fundación Otero Pedrayo abre o prazo de recepción de traballos para a o I Premio Otero Pedrayo de relato curto para adultos.

Poderán participar autores e autoras maiores de 18 anos que presenten un relato breve inédito en lingua galega, cunha extensión máxima de 2.000 palabras.

A temática dos relatos será libre, pero deberá estar relacionada coa figura de Ramón Otero Pedrayo. O premio constará dun lote de produtos da Fundación Otero Pedrayo e un xogo de viños de Adega Terras Mancas. Ademais, os textos presentados, resulten ou non gañadores, poderán ser publicados na revista oteriana “Trasalba” que a fundación está a preparar.

0.18048810958862