Deportistas de San Cristovo de Cea compiten esta fin de semana no Campionato do Mundo ISKA de Kick Boxing en Madrid

San Cristovo de Cea conta con representación propia no Campionato do Mundo ISKA de Kick Boxing, que se celebra esta semana en Madrid e que reúne a deportistas de distintas modalidades de contacto dentro desta disciplina.
Entre os participantes figura Uxía Teixeira, natural da Torre e actual campiona de Europa, que competirá nas categorías de Light Contact -55 kg e K1 Light -55 kg. A súa presenza na cita mundialista chega avalada polo seu recente título continental, o que a sitúa entre as aspirantes a facer un bo papel en ambas as dúas modalidades.
Xunto a ela, tamén acudirán a Madrid Claudio e Roi Mateo, igualmente naturais da Torre e adestradores da propia Uxía Teixeira. Ambos os dous competirán en varias categorías representando ao seu club, que á súa vez forma parte da expedición que defende as cores de España no torneo.
A participación destes tres deportistas ceenses supón que o Concello de San Cristovo de Cea teña presenza directa nunha competición de carácter mundial, tanto a través do traballo sobre o tapiz como desde as esquinas, onde Claudio e Roi Mateo exercerán tamén labores de preparación técnica.