Derradeiros días para anotarse na XV andaina solidaria de Nogueira de Ramuín a prol de AODEMPER

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O prazo de inscrición remata o 18 de novembro, tres días antes de que se celebre a marcha benéfica
andaina solidaria Nogueira de Ramuin
15 Nov 2026

O Concello de Nogueira de Ramuín ultima os preparativos da décimo quinta edición da súa andaina solidaria, que terá lugar o vindeiro sábado 21 de novembro. Nesta edición, o recadado irá destinado a AODEMPER, a Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras, que contará coa presenza de Álvaro Selas, exxogador da S.D. Nogueira, para dar visibilidade á causa durante a xornada.

Quen queira participar aínda está a tempo: a inscrición pódese formalizar ata o 18 de novembro, de xeito presencial ou telemático. Para apuntarse en persoa, pódese acudir ao Departamento de Cultura do Concello, á sede de AODEMPER (rúa Francisco Llorens, nº13) ou ao establecemento deportivo Turini (rúa Concordia, nº30).

Tamén é posible inscribirse por internet, descargando a folla de inscrición dispoñible na páxina web municipal (www.nogueiraderamuin.gal) a través da ligazón en verde situada baixo o cartel do evento. O formulario, xunto co xustificante do ingreso, debe enviarse a cultura@nogueiramuin.gal.

Para quen prefira colaborar coa causa sen tomar parte na marcha, segue aberta unha fila cero, cuxo número de conta figura no propio cartel promocional. É imprescindible indicar no concepto do ingreso “FILA CERO ANDAINA SOLIDARIA”.

A cota de inscrición é de 8 euros por persoa, e inclúe seguro, avituallamentos durante o percorrido, unha comida de confraternidade ao finalizar e a participación nun sorteo de agasallos.

Para calquera consulta, o Departamento de Cultura atende no teléfono 988 201 023.

0.10413980484009